mardi 16 avril 2013

Guide de lecture: La tête en friche

Voici la fiche de lecture de La tête en friche. Pensez à me faire parvenir vos travaux par courriel avant lundi le 22 Avril. 
Merci.

Tardes con Margueritte (La tête en friche)
Marie-Sabine Roger.Duomo Ediciones.
Avec la collaboration des élèves de 4ème ESO.

“Las palabras son cajas que sirven para ordenar los pensamientos con el fin de presentarlos mejor a los otros y dejarlos claros. Por ejemplo, los días que tienes ganas de darte de puñetazos contra todo lo que se mueve, puedes limitarte a poner mala cara. Pero así es posible que los demás piensen que estas enfermo o triste. Mientras que si dices, de manera verbal: "Hoy no me jodas, que no es mi día!", evitas las confusiones. “(pag. 22)

Introducción:

Que pode ocurrir cando tes 45 anos e es casi analfabeto, cando a túa nai non amosa o seu agarimo e cando só lembras a vergoña pasada na escola, cando os teus amigos rin a cachón co que dis e cando parece que non comprendes nada da vida? Pode esta situación cambiar algunha vez?

Como é a vida dunha anciana culta, que vive soa, case esquecida pola súa familia?

É posible que estes dous personaxes tan diferentes se atopen? De ser factible... cal é a maxia que estes encontros producen? Descubrirémolo en Tardes con Margueritte.


Sobre a autora:

Marie-Sabine Roger naceu en 1957.
Foi mestra nunha escola infantil durante varios anos.
Na actualidade adícase á literatura, sendo autora de máis de 50 libros infantis e xuvenís, así como para adultos, entre eles Tardes con Margueritte, obra de 2009 que lle serviu para acadar a fama internacional.

Marie-Sabine Roger mantén o contacto cos lectores máis novos por medio de encontros de autor nas escolas ou nas bibliotecas.

Actividades:
Antes da lectura:
-Reflexión sobre o título: “Tardes con Margueritte” e “Tête en friche”. Que nos aportan ambos títulos? Cales son os motivos polos que cres son tan diferentes?

-Traballo sobre os paratextos:


-Segundo os paratextos, que podemos esperar de Tardes con Margueritte? (Lectura de adicatorias, contraportada, etc).

-Céntrate na imaxe da contraportada: Establece a biografía de cada un dos personaxes da fotografía, tendo en conta o resto de elementos presentes. Cal é a situación? O contexto? Que poden facer xuntos?

-Traballo sobre o trailer da película en castelán: Que outras informacións tes sobre o libro?


Actividades de comprensión:

-Busca datos para completar a ficha de identidade que estableceches sobre as dúas personaxes principais da novela.
-Fai un esquema que teña en conta as relacións entre todos os personaxes que aparecen na historia. Son estáticos ou evolucionan? De que xeito? Parécenche bos ou malos? Xustifica a túa resposta.
-Cales son os temas de Tardes con Margueritte?
-Anota os tipos de libros que aparecen en “mise en abyme” na novela, así como os títulos citados. (Posible traballo de ampliación mediante “Constelacións Literarias”). (Guadalupe Jover)

Despois da lectura: Actividades de expresión escrita e oral:
1.- Traballo individual: Entrega por escrito ao profesor o resumo do libro, seguido da túa opinión persoal. Gustouche a novela? Xustifica a túa resposta.
2.-
a.-Para ordenar a historia cronolóxicamente, escolle 10 palabras que te fagan pensar nun momento signiricativo do texto. En gran grupo poranse en común na clase.
b.-Digo o que penso.
Busca argumentos para unha actividade oral: Actividade que consiste nun debate sobre os valores do libro. Establécese un mapa conceptual dos principales temas tratados no libro, tendo en conta todas e cada unha das súas implicacións.
c.- “Eu te defendo”.
Cada alumno do grupo asume a personalidade dun dos actantes da historia: Germain, a súa nai, Margueritte, Annette, Francine, Youssef, Marco, Julien, etc. A docente amosa diferentes accións que poden chamar a atención aos estudantes ao longo da lectura. Os estudantes póñense no lugar destas persoas, xustificando as súas accións.

-Debate: A lectura ten efectos secundarios na personalidade?

-Visionado de película: parecidos e diferencias. Que formato prefires? Cales son os motivos?

Bibliografía empregada:

Marie-Sabine Roger.La Tête en friche Duomo Ediciones.
Montserrat Sarto: Animación a la lectura con nuevas estrategias. Madrid. SM. 2005 (6º Edición).
 http://www.youtube.com/watch?v=2DkEMzBDh0Y&playnext=1&list=PLDD58F6C2F1375ABA&feature=results_main
http://www.youtube.com/watch?v=1P5sFLJYlaY
 http://www.youtube.com/watch?v=HJSMoPUrVRo



Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire